A Xunta amosa o seu poder e insiste en facer o transvasamento do profesorado de Secundaria a Artes Escénicas sexa como sexa

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia, vén de facer público a inminente convocatoria de Oposicións de carácter restrinxido para que o personal funcionario da especialidade de Música de Secundaria acceda ao Corpo de Artes Escénicas e Musicais.

O motivo é o varapalo sufrido logo da Sentenza do TSXG, que considera ilegal o traspaso realizado nos últimos anos de funcionarios de carreira de Música Secundaria para ocupar prazas nos Conservatorios.
Con esta medida, inténtase solventar un supuesto problema creándose unha serie de desigualdades e despropósitos que nada favorecen ao colectivo nin á propia música:

1.- Ofértanse unhas oposicións restrinxidas, un proceso selectivo no que se lle impide participar con igualdade de oportunidades aos docentes que levan traballando anos, en calidade de funcionarios interinos ou sustitutos, así como ao personal que rematando os seus estudos nos últimos anos, non tiveron a posibilidade de participar dun proceso selectivo.

2.- O proceso selectivo restrinxido é distinto ao que se levaba facendo nas últimas convocatorias, coa finalidade de favorecer ao colectivo sobre o cal vai dirixido, cando non estamos a falar de cambio de especialidade, senón de cambio de grupo que nada ten que ver.

3.- Obrígase ao personal funcionario da especialidade de Música de Secundaria a participar novamente dunhas novas oposcións para lograr estabilidade laboral, porque a Xunta é incapaz de darlle o traballo no Corpo onde eles superaron o proceso selectivo. Todo esto tería unha fácil solución si a administración tomase o ensino da música coa importancia que merece dentro do proceso evolutivo do alumnado, ou sexa; volvendo ás horas de música que había antes do recorte.

SOLICITAMOS:
1º A paralización do Proceso Selectivo no Corpo de Música e Artes Escénicas.
2º Que se garantan os postos de traballo do Personal de Música de Secundaria no corpo onde son funcionarios.
3º Que no caso de que sexa necesaria a Convocatoria de Proceso Selectivo nas especialidades de Música e Artes Escénicas, se garanta o dereito de igualdade na súa participación, para que non sexan unhas oposicións excluíntes.
4º Que se tomen as medidas necesarias para aumentar as horas de docencia tanto en primaria como en secundaria, xaque esto repercute positivamente no alumnado.

APMAEGAL convoca aos representantes sindicais o 15 de novembro

APMAEGAL convoca aos representantes sindicáis a unha reunión o próximo martes 15 de novembro, ás 11 h., no CMUS Manuel Quiroga de Pontevedra

Se tratarán as seguintes cuestións:
1. Accións a tomar tras a sentenza do TSXG sobre a Orde da Xunta de Galicia que estivo a pertimir o traspaso de profesores de Secundaria a Conservatorios.
2. Asesoramento xurídico a os profesores interinos e substitutos de conservatorios, que foron afectados pola dita Orde, para efectuar posibles reclamacións e indemnizacións.
3. Plan de estabilidade laboral do persoal interino dos cmus.
4. Rogos e preguntas.

O vindeiro xoves 10 de novembro remata o prazo da Xunta para recurrir a sentenza do TSXG. De ahí a importancia de emprender accións inmediatas e valorar a posición das forzas sindicáis.

Agardamos contar coa vosa presenza e do maior número posible de profesores, polo que pedimos que trasladedes a información aos compañeiros nos diferentes cmus. É importante que haxa presenza de profesorado para que as nosas reclamacións sexan tomadas en conta.

VICTORIA EN EL TSXG!!!

Por fin y tras 6 años de lucha, el Tribunal Superior de Xusticia de Galicia ha estimado y dictado SENTENCIA contra la Orden de la Xunta de Galicia que ha estado permitiendo el traspaso de profesores de secundaria a los Conservatorios de Música. Reconoce la ILEGALIDAD de dicha Orden que ha dejado en el paro a compañeros interinos y sustitutos. Para paliar los continuos recortes de personal de Educación y su falta de previsión, la Xunta no ha dudado en saltarse la Ley laboral, el acceso a los diferentes cuerpos, y hasta el ningunear al personal de funcionarios interinos con largos años de experiencia en el cuerpo de Enseñanzas de Música e Artes Escénicas. Al fin hoy podemos felicitarnos de que la Justicia ha hecho JUSTICIA.