A Xunta amosa o seu poder e insiste en facer o transvasamento do profesorado de Secundaria a Artes Escénicas sexa como sexa

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia, vén de facer público a inminente convocatoria de Oposicións de carácter restrinxido para que o personal funcionario da especialidade de Música de Secundaria acceda ao Corpo de Artes Escénicas e Musicais.

O motivo é o varapalo sufrido logo da Sentenza do TSXG, que considera ilegal o traspaso realizado nos últimos anos de funcionarios de carreira de Música Secundaria para ocupar prazas nos Conservatorios.
Con esta medida, inténtase solventar un supuesto problema creándose unha serie de desigualdades e despropósitos que nada favorecen ao colectivo nin á propia música:

1.- Ofértanse unhas oposicións restrinxidas, un proceso selectivo no que se lle impide participar con igualdade de oportunidades aos docentes que levan traballando anos, en calidade de funcionarios interinos ou sustitutos, así como ao personal que rematando os seus estudos nos últimos anos, non tiveron a posibilidade de participar dun proceso selectivo.

2.- O proceso selectivo restrinxido é distinto ao que se levaba facendo nas últimas convocatorias, coa finalidade de favorecer ao colectivo sobre o cal vai dirixido, cando non estamos a falar de cambio de especialidade, senón de cambio de grupo que nada ten que ver.

3.- Obrígase ao personal funcionario da especialidade de Música de Secundaria a participar novamente dunhas novas oposcións para lograr estabilidade laboral, porque a Xunta é incapaz de darlle o traballo no Corpo onde eles superaron o proceso selectivo. Todo esto tería unha fácil solución si a administración tomase o ensino da música coa importancia que merece dentro do proceso evolutivo do alumnado, ou sexa; volvendo ás horas de música que había antes do recorte.

SOLICITAMOS:
1º A paralización do Proceso Selectivo no Corpo de Música e Artes Escénicas.
2º Que se garantan os postos de traballo do Personal de Música de Secundaria no corpo onde son funcionarios.
3º Que no caso de que sexa necesaria a Convocatoria de Proceso Selectivo nas especialidades de Música e Artes Escénicas, se garanta o dereito de igualdade na súa participación, para que non sexan unhas oposicións excluíntes.
4º Que se tomen as medidas necesarias para aumentar as horas de docencia tanto en primaria como en secundaria, xaque esto repercute positivamente no alumnado.

Deja un comentario